16 – 17 de marzo de 2024
Dúas rutas a elexir, sábado deportiva con desnivel e algo de neve e domingo de fervenzas.
RUTA DEPORTIVA: 1/2 Km VERTICAL DE POLÍN
15€ por persoa.
Para anotarse: info@coureleando.com
626 64 30 21 por WhatsApp
Roteiro de dificultade alta para xente habituada a camiñar (sendeiros de media montaña con fortes pendentes nun 70% e un 30% de sendeiros sinxelos). 15Km +1400/-1400 (2800m. acumulados). Duración estimada máxima 8 horas.
Material obrigatorio (axeitado a climatoloxía): Zapas de trail GoreTex ou botas de montaña GoreTex en bo estado, bastóns, luvas,mochila con auga e comida (comeremos na ruta). En función da meteo pode que atopemos neve, aconsellables polainas na mochila. Roupa de montaña e de abrigo (técnica de capas). Roupa impermeable. En función da meteo daremos indicacións da equipación.
En caso de meteo moi adversa cambiaremos de data.