RUTA DEPORTIVA: 1/2 Km VERTICAL DE POLÍN

15€  por persoa.

Para anotarse:  info@coureleando.com 

626 64 30 21   por WhatsApp

Roteiro de dificultade alta para xente habituada a camiñar (sendeiros de media  montaña  con fortes pendentes  nun 70% e un 30% de sendeiros sinxelos).  15Km +1400/-1400 (2800m. acumulados). Duración estimada máxima 8 horas.

Material obrigatorio (axeitado a climatoloxía): Zapas de trail GoreTex ou botas de montaña GoreTex en bo estado, bastóns, luvas,mochila con auga e comida (comeremos na ruta). En  función da meteo pode que atopemos neve, aconsellables polainas na mochila. Roupa de montaña e de abrigo (técnica de capas). Roupa impermeable. En función da meteo daremos indicacións da equipación.

En caso de meteo moi adversa cambiaremos de data.